Feira do Viño de Quiroga



A Feira do Viño de Quiroga é un dos eventos vinícolas máis importantes da Ribeira Sacra.

Esta festa ten a súa orixe a finais da década de 1970, anos nos que se fixeron probas experimentáis de cata durante a celebración do San Martiño por petición dos propios colleiteiros da comarca.

A Feira do Viño de Quiroga oficial nace o día 11 de Novembro de 1980 coa celebración da I Edición do certame, unha data que tamén coincide coa celebración do San Martiño, pero que xa é independente coa súa propia comisión organizadora, presuposto, actividades, precios oficiais e pregoeiro.

A idea desta primeira Feira do Viño de Quiroga xorde do veciño Hilario González tras visitar a feira do Agullón na Rúa de Valdeorras. González relata esta experiencia a Manuel Cardenal e José Morales, e acollen a iniciativa con ilusión desde o principio. Estes tres membros organizan a I Edición da Feira do Viño de Quiroga desde a Asociación Veciñal Os Eidos, sementando a semente do que hoxe en día xa é o evento anual con máis afluencia de Quiroga.

Actualmente a Feira do Viño de Amandi, que se celebra desde 1981, é considerada a pioneira na Ribeira Sacra, pero é un recoñecemento erróneo xa que as probas de hemeroteca que se aportan nesta páxina, demostran que a Feira do Viño de Quiroga foi a primeira da zona.




Datos das Feiras do Viño

I Edición da Feira do Viño de Quiroga

Martes 11 de Novembro de 1980

Primeiro Pregoeiro

Uxío Novoneyra. “Quiroga é un viño”

1982

Suspensión da Feira do Viño de Quiroga

1985

IV Feira do Viño de Quiroga. 1º ano en Semana Santa

I Feira do Viño de Amandi

Domingo de Ramos de 1981

I Feira do Viño de Chantada

12 de marzo de 1983

Tes interese en…

I Feira do Viño de Quiroga

...ou ler información ata 1985

Pregoeiros ilustres da Feira do Viño de Quiroga

Orixe
1980
Suspensión
1982
Cambio de data
1985
Edición 2017 - XXXV
35

Envía o teu comentario

Recordo o pregón do ano 1980. Foi emocionante escoitar a Uxío Novoneyra e ver a acollida da I edición da Feira do Viño de Quiroga.

feira do viño de quiroga
María Rodríguez

Vou á Feira do Viño de Quiroga tódolos anos cos meus colegas. Encántame ver o ambiente da rúa e cómo vive a festa a xente da comarca.

feira do viño de quiroga
Ramón Ferreiro

¿PRECISAS CONTACTAR PARA APORTAR INFORMACIÓN?

Obxectivos

Esta web nace co obxectivo de documentar a verdadeira orixe da Feira do Viño de Quiroga.

Durante os últimos anos moitos veciños mostraron interese pola data de inicio e o primeiro pregoeiro. Despois de compartir artigos de prensa e ante a pasividade por cambiar os datos históricos de forma oficial, a meta desta web é contar online a historia desta tradición e demostrar que a primeira Feira do Viño da Ribeira Sacra, foi a de Quiroga atendendo ás probas de hemeroteca.

Este website non ten a finalidade de entrar nun conflicto de datas con outras feiras, senón de recoñecer a antigüidade da de Quiroga que figura errónea en todas as referencias actuais.

quirogaeunviño.gal é unha páxina independente con propósitos históricos que persegue:

  • Modificar a data de orixe da I Feira do Viño de Quiroga.
  • Instar ao Concello a cambiar na súa web a data de inicio do 1982 pola do 11 de Novembro de 1980 (sección Festas Gastronómicas) e ampliar a historia orixinal pola potestade que a Lei otorga aos Municipios en materia de patrimonio histórico.
  • Polo mesmo motivo presentar se é necesario a solicitude á Xunta de Galicia para declarar a Feira do Viño de Quiroga como Festa de Interese Turístico de Galicia en base a súa antigüidade.
  • Recuperar os premios de cata de viño con xurado profesional como se facía anos atrás. Xa que a Feira do Viño é un evento que ten que promocionar o produto, que a entrega dos trofeos forme parte da festa no recinto ferial e non no Museo Etnográfico.
  • Animar a colleiteiros de San Clodio para que participen nesta feira de veciños para ampliar o número de expositores e recuperar números doutros anos.
  • Reivindicar a necesidade de que a Feira do Viño estea sempre representada por pregoeiros galegos de facetas profesionais relacionadas coa cultura. Remontándonos a actualidade, as actrices María Castro ou Cristina Castaño serían un bó exemplo.


* Esta serie de propostas non se fan a título da páxina web, xorden do desexo de moitos veciños e veciñas de Quiroga e San Clodio que así o manifestan públicamente.
Aparte da interese histórica de documentar a orixe da Feira do Viño de Quiroga, a páxina web está aberta á colaboración veciñal tanto para recoller novos datos e material multimedia, como para expresarse no blogue.

Trátase dunha plataforma que pretende converterse nunha ferramenta común para facer máis grande esta cita anual e onde todos os veciños e amigos son benvidos.

Os primeiros artigos subidos nesta web só conteñen información de hemeroteca ata 1987, aínda que a meta e ir ampliando anos coa colaboración de todos vós. O motivo de documentar de momento estes primeiros anos, xorde pola necesidade inmediata das correccións históricas. Por iste motivo e pola dificultade de acceder físicamente á Hemeroteca Galega debido á distancia, ofrécese exclusivamente o material que hoxe tedes dispoñible.