Acerca de quirogaeunviño.gal

quirogaeunviño.gal e un website independente que debe o seu nome ao primeiro pregoeiro da Feira do Viño de Quiroga, Uxío Novoneyra.

O proxecto nace da necesidade de reivindicar a Feira do Viño de Quiroga como a primeira da Ribeira Sacra, pero tamén coa finalidade de documentala para ampliar a súa historia e corrixila.

Este website é unha ferramenta ao servizo das persoas que aman a Feira do Viño de Quiroga, sen excepcións. É unha iniciativa movida pola paixón a esta cita anual e por un sentimento que vai máis aló da propia historia.

Temporalmente a web acolle evidencias de 1980 ata 1987 coa finalidade inmediata de modificar os datos máis sensibles, pero a meta é ampliar a historia ata a actualidade.

Aínda que moitos veciños xa puideron comprobar nos últimos anos que a información que se recolle nesta web é certa, este ano apórtanse como novidade 5 novos artigos de novembro de 1980. Esta web e a súa administradora agradecen enormemente a Real Academia Galega a súa colaboración e boa predisposición para axudar a documentar a Feira do Viño de Quiroga.

A información histórica só se modificará aportando probas de hemeroteca.

¿Por qué?

A data e inicio xa quedou clara e documentada, 1980. A edición que corresponde ao ano 2018 é a XXXVI en base aos seguintes datos:

I Edición - 1980 (Novembro)
II Edición - 1981 (Novembro)
1982 (Suspensión da Feira)
III Edición - 1983 (Novembro)
1984 - Ano no que se pasa a Feira a Semana Santa
IV Edición- 1985 (Marzo)
V Edición- 1986 (Abril)
1987 (Nova suspensión da Feira).En Novembro faise unha cata de viños pero non como Feira oficial.
Esta explicación e algúns artigos que evidencian o ano de inicio, levan anos circulando nas redes sociais entre os veciños de Quiroga.

Na web do Concello a orixe partía de 1982, xustamente o ano que se suspendeu; aínda que xa se suprimiu este erro, posto que as probas que aportamos non deixan lugar a dúbida, gustaríanos que se engadise o 11 de Novembro de 1980 coma data oficial da I Feira do Viño de Quiroga e certame pioneiro na Ribeira Sacra, ampliando tamén a historia da que nos facemos eco.

Coa publicación deste website e das probas de hemeroteca, podemos afirmar categóricamente que a I Feira do Viño de Quiroga celebrouse o 11 de Novembro de 1980.

¿É a primeira Feira do Viño da Ribeira Sacra?

Pois esta pregunta é á que da resposta esta web. Sí, sen dúbida así é.

A documentación que se aporta evidencia que:
1. A Feira do Viño de Quiroga ten a súa orixe o 11 de Novembro do ano 1980.
2. A Feira do Viño de Amandi celebra a súa primeira edición o Domingo de Ramos de 1981. O 11 de Novembro de 1981, celébrase a II Feira do Viño de Quiroga.
3. A III edición da Feira do Viño de Quiroga, suspéndese no 1982. Dita cita celébrase no ano 1983, polo que se perde unha edición.
3. No ano 1984 non se celebra porque a Feira é trasladada a Semana Santa de 1985, a IV Edición. Contabilízase por tanto outra edición menos.

Os documentos de hemeroteca que están a vosa disposición non teñen por obxectivo documentar outras feiras. Tampouco hai un interese de facelo, aínda que sí de aportar probas e aportar veracidade ás nosas afirmacións e facer xustiza á historia.

O día exacto en que se celebra a I Feira de Amandi é o Domingo de Ramos de 1981 (12 de abril). Tamén podes atopar o recorte que o proba neste mesma web.

A prensa tamén o ten claro. Xa sexa na web da TVG, La Voz de Galicia ou El Progreso, atópanse decenas de referencias online ao ano 1981.

Resumindo... ¿é a Feira do Viño de Quiroga a primeira da Ribeira Sacra? Afirmamos rotundamente que sí.