Exoneración de responsabilidade

A información contida nesta web porporciónase baseándose en documentos de hemeroteca.

Dado o seu carácter colaborativo, non se aceptará información sen referencia á fonte informativa ou histórica. Sexa cal sexa o caso, a persoa que aporte datos sempre será referenciada co obxectivo de recoñecer publicamente a súa colaboración.

Non se permiten comentarios ou textos ofensivos. Tódalas mensaxes pasarán polo filtro da administradora, quen valorará a conveniencia ou non da publicación coa intención de construír un espazo de convivencia veciñal óptimo.

Se por algún motivo non se filtrase correctamente un destes comentarios, o autor do mesmo será o responsable sen que ninguén poida atribuír competencias a esta páxina ou a súa administradora, quen se compromete unicamente a retiralo cando sexa comunicado e no menor tempo que sexa posible.

Nestas colaboracións ínstase tamén aos veciños a escribir no blogue se así o desexan. Como no caso anterior, as publicacións pasarán o filtro da administradora quen determinará a súa importancia para a comunidade e a temática da páxina, sen que a negativa da publicación poida derivar en reclamacións e/ou esixencias por parte do colaborador.

A liña editorial deste website é propiedade da súa creadora, e o colaborador acepta esta condición á hora de enviar contido.

Así mesmo, cada artigo terá atribución ao autor, quen fará constar o seu nome e primeiro apelido; pseudónimos ou alcumes aceptaranse soamente coma complemento ao nome real por resultar máis coñecido para a xente da comarca, sen que esto poida server de escusa para omitir o nome e apelido legal.

Esta páxina e a persoa que a administra non teñen responsabilidade sobre a información aportada por outros autores. O compromiso de non publicar información que non conteña fonte de referencia é condicionante para modificar os textos históricos, pero os artigos do blogue son responsabilidade íntegra do seu autor/a.

Os veciños que envíen fotografías ou calqueira outro material, serán responsables tamén de indicar a súa autoría no email de contacto citando a fonte. Se outro autor orixinal reclamase e acreditase a autoría de dito material, a responsabilidade sobre o mesmo será da persoa que a envíe.

As fotos de grupo aportadas por un membro nas que se inclúa a persoas que non deron o seu consentimento para publicalas, poden contactar por email para pedir a súa retirada. A eliminación de ditas imaxes será comunicada á persoa que as enviou indicando o nome e apelido da persoa que solicitou a retirada.

As imaxes ou vídeos capturados pola administradora desta páxina na Feira do Viño de Quiroga, non son susceptibles de retirada ao ser tomados nun espazo público, da mesma forma que tampouco serán retiradas as imaxes ou material multimedia publicado nos medios de comunicación.

En calquera dos casos, a páxina web velará polo bon gusto e pola boa imaxe dos veciños, descartando fotografías ou material multimedia que poida resultar desagradable para os protagonistas.

Esta páxina web tampouco ten unha finalidade política. Acéptanse artigos críticos xustificados, pero soamente relacionados ca temática da páxina, ben sexa pola festa en sí e as actividades ou ben por políticas agrícolas ou similares que teñan repercusión na producción e comercialización do produto.

A páxina resérvase o dereito de facer enquisas de opinión propias para coñecer a opinión dos veciños, sen que os seus nomes sexan revelados públicamente por cuestións de confidencialidade.

Os datos persoais dos usuarios, xa sexan proporcionados vía email ou rexistro na web, non serán cedidos a terceiros e unicamente poderán ser empregados por esta páxina con fines informativos, sen prexuízo de que ditos usuarios poidan solicitar a baixa na base de datos cando así o requiran.

Non se aceptan tampouco contidos publicitarios agás os que a administradora considere relevantes para os usuarios desta páxina.

Todas as imaxes contidas nesta web proceden de artigos publicados en El Progreso, La Voz de Galicia ou de licencias CC0.