FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA



II, III E IV EDICIÓN. ATA 1985

II Feira do Viño. 1981

Pese a que non se aporta polo de agora artigos deste ano, podemos ler nos de anos posteriores que a II Feira do Viño de Quiroga tamén coincidiu coa celebración do San Martiño, é dicir, o 11 de Novembro de 1981.

A falta de verificar o pregoeiro dese ano, os datos que podemos recoller e documentar coa información de hemeroteca son:

Precio medio do litro de viño: 100 pesetas.
Participantes: 16 colleiteiros.
Comisión: José Muñoz Jiménez, José Morales Quiroga e Cesáreo Castor Fuentes.

O ano 1982. Suspensión da III Feira do Viño de Quiroga

Se nos remitimos aos artigos de 1983, todos destacan a suspensión do ano anterior. Os motivos de dita suspensión refírense a un ano de mala colleita que derivou na escasa cantidade de viño e calidade insuficiente.

Tendo en conta que a Feira do Viño de Quiroga naceu coma unha actividade para potenciar o produto, non é difícil comprender por qué en 1982 non se celebrou a Feira.

Precisamente este ano de suspensión é o que figura na web do Concello de Quiroga como data de inicio da I Feira do Viño (sección Festas Gastronómicas). Este dato xa pode corrixirse e cambiar 1982 por 1980 tanto na web do Concello como en calquera comunicación oficial, xa que é un dato clave para demostrar que a primeira da Ribeira Sacra foi a de Quiroga.

III Feira do Viño. 1983

A III Feira do Viño de Quiroga tamén coincide coa celebración das Festas de San Martiño, pero nesta ocasión pola coincidencia en sábado celébrase o 12 de Novembro de 1983.

Estos son os datos que podemos recoller dos artigos da época:

Pregoeiro: O veciño de Quiroga Antonio Rodríguez López, Xoán Rolo
Lugar do pregón: Discoteca Lor

Ubicación: Praza Maior (antiga Praza do Xeral Girón).

Número de colleiteiros: 24 expositores de Quiroga e San Clodio.

Comisión Organizadora da Feira do Viño:
Antonio Mejía Fernández
José Morales Quiroga
José Rodríguez López

Comisión encargada de celebrar as Festas de San Martiño:
Emilio Quiroga López
José Rivera
Domingo Guntiñas


Estimación de asistentes á III Feira do Viño: Máis de 5000 persoas.
PREMIOS:
150.000 pesetas en premios para:
Viños Tintos: 1eiro Premio - 40.000 pesetas + trofeo + diploma
2º, 3º, 4º e 5º clasificados - 25.000, 15.000, 10.000 e 5.000 pesetas respectivamente.
Viños Brancos: 1eiro Premio -20.000 pesatas + trofeo + diploma


Entrega de Premios polo Conselleiro de Agricultura o Gobernador Civil e o Presidente da Deputación de Lugo.

Neste ano a Feira todavía tiña instaladas as barricas e o viño vendíase a granel. É xustamente en 1983 cando a Comisión anuncia a necesidade da venda de viño embotellado, precintado e etiquetado para futuras edicións.

Precio do litro: entre 80 e 100 pesetas. 6.000 litros á venda e 500 litros para degustación de balde dos veciños.

Colleiteiros ganadores:
Tintos gañadores: Luis Gómez Balboa (A Ermida) e José González Álvares (Quiroga).
Branco gañador: Luis Barrera Guntiñas (Rairos).

Entrega de premios:
Antonio Mejía Fernandez, alcalde de Quiroga
Ceferino Díaz, parlamentario autonómico
Álvaro del Moral, concelleiro de Lugo

Personalidades:
Jaime Rey de Roa
Díaz Fuentes
Ceferino Díaz
Humberto Peña
Celestino Torres
Álvaro del Moral


feira do viño quiroga
"La experiencia de trabajar en 3 ferias del vino le permiten afrontar el futuro con ciertas garantías de éxito...
Después de 2 Ferias del Vino, afirma que algunos aspectos ya han cambiado...". Enrique Souto. La Voz de Galicia. 12/11/83


"La confirmación oficial del hecho ha despejado todos los rumores sobre una posible suspensión por segundo año consecutivo...
Los organizadores de la III Feria del Vino de Quiroga se han impuesto conseguir la consolidación del certamen...
La recuperación de un certamen que tuvo que ser suspendido cuando estaba a punto de alcanzar un puesto entre las ferias del vino de Galicia. Ahora, superados los problemas de un año, el de 1981 de muy baja producción los distintos sectores del municipio coinciden en señalar que se dan las circunstancias favorables para esta recuperación". La Voz de Galicia. 13/10/83


"Los precedentes de la Feira do Viño de Quiroga, que desde 1984 se celebra el Domingo de Pascua, se sitúan en la exaltación del caldo nuevo quirogués coincidiendo con la Fiesta de San Martiño...". Hemeroteca


feira do viño quiroga

1984. A decisión de pasar a Feira do Viño a Semana Santa

En 1984 a Comisión decide pasar a Feira do Viño de Quiroga do día de San Martiño a Semana Santa, unha decisión pola que neste ano pérdese unha edición máis (aparte da de 1982, o ano de suspensión).

Podes ir á Hemeroteca deste ano para ler os artigos que falan deste cambio de data.

IV Feira do Viño. 1985

O primeiro ano no que a Feira do Viño de Quiroga celebrouse no sábado e domingo de Pascua, foi 1985. Concretamente os días 18 e 19 de marzo de 1985.
Este cambio supuxo cancelar a Feira que debería facerse no San Martiño de 1984, a que correspondería a IV edición que finalmente ten lugar no 1985. Éste é o motivo polo que a Feira do Viño de Quiroga perde unha edición máis sumada á de 1982, o ano no que se suspendeu por unha mala colleita.

Pregoeiro: José Luis Dadín Ribadas, inxeniero xefe provincial do Servizo de Comercialización e Industrialización Agraria.
José Luis Dadín foi presentado polo veciño quirogués Xoan Rolo, pregoeiro en 1983.

Ubicación de Feira: Praza Maior de Quiroga.

Comisión Organizadora:
Presidida por: Antonio Mejía, alcalde de Quiroga
Vicesecretario: José Morales Quiroga, concelleiro de cultura de Quiroga
Vocais:
José Cerrato Gómez, xefe de Extensión Agraria
José Rodríguez López, experto en viños da comarca
José Luis Rivera Castro
Emilio Quiroga López
Domingo Gómez Guntiñas
Miguel Ángel Ferrero Ferrer
* Indícanse só os cargos dos que falan as novas de época. Nos nomes dos veciños que non se inclúe, é pola imposibilidade de documentalo con artigos nesta páxina.
"Se da la circunstancia de que los organizadores pospusieron el ferial desde noviembre, fecha en que tradicionalmente se desarrollaba, trasladándolo a este mes buscando que las condiciones metereológicas garantizasen el éxito del certamen". La Voz de Galicia. 19/03/85
feira do viño quiroga


Número de Colleiteiros: 30 expositores de Quiroga e San Clodio (21 finais que cumprían as bases)

Cambio das bases do certame: A partir deste ano só permítese a participación a colleiteiros con máis de 500 litros.

Novidade: Suprímese o xurado popular e instáurase únicamente o oficial formado por 6 persoas pertencentes ás diferentes zonas con producción vinícola propia. 2 catadores de Sober, 2 de Chantada e 2 de Quiroga.
A puntuación do xurado establecíase en función do número co que se marcaba cada barrica. Os membros descoñecían o nome dos participantes.

Presuposto da Feira: 400.000 pesetas.

Premios:
Tintos: 5 premios de 12.000 a 2.000 pesetas + trofeo + diploma
Brancos: 3 premios de 8.000 a 2.000 pesetas + trofeo + diploma

Gañador do 1º Premio tanto en branco coma en tinto: Luis López Vázquez (O Portón)

Invitados:
Gerardo Fernández Albor, presidente da Xunta de Galicia
Domingo García Sabell, delegado de Goberno
Vázquez Portomeñe, conselleiro de Educación e Cultura
Conselleiro de Agricultura
Francisco Cacharro Pardo, presidente da Deputación Provincial de Lugo
Francisco Vázquez, alcalde de A Coruña
Vicente Quiroga, alcalde de Lugo

Actuacións:
Banda Municipal de A Coruña
Orquestra Albatros
Gaiteiros
Encontro de fútbol Quiroga - A Rúa de Valdeorras