FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA



ANO 1987

Un ano crave para entender as edicións da Feira do Viño de Quiroga

Ao inaugurar esta plataforma, había varias evidencias sen discusión atendendo á hemeroteca:

1. A Feira do Viño de Quiroga naceu oficialmente en 1980
2. En 1982 houbo unha suspensión perdendo a III edición
3. En 1984 non se celebra a IV edición por un cambio de data, xa que a Feira do Viño pásase do San Martiño a Semana Santa
4. Dita IV edición ten lugar finalmente no ano 1985

Por información extraoficial que se manexaba, non había constancia doutra suspensión ou cambio de data a partir do ano 1986. Tendo en conta que ata hoxe non se podía demostrar o que sucedeu, a contabilidade de edicións coincidía con que a este ano 2017, corresponderíalle o número XXXVI e no o XXXV, pero... cal é o número de edición correcta?

As edicións perdidas

O pasado 7 de marzo o xornal El Progreso na edición da Ribeira Sacra facíase eco en portada da información aportada por esta plataforma.

Tras verificar os artigos aportados de hemeroteca, a redacción contactaba co rexidor Julio Álvarez para contrastar os datos. Álvarez, que se mostrou aberto a estudiar os datos desta plataforma, afirmaba descoñecer a data de orixe exacta e aludía a que na contabilidade de edicións, tiñan en conta o ano de suspensión 1982. Ao marxe da web do Concello, según as súas declaracións pensaba que a data de inicio partía do 1981 e non do 1980.

Se contabilizamos as edicións tendo en conta estas declaracións, contaríamos unha edición máis das que calculábamos en quirogaeunviño.gal. O certo é que a edición oficial XXXV (2017) é correcta, pero non por ese ano de suspensión.

Os cálculos desta plataforma baseábanse nas publicacións de hemeroteca ata 1986 e indicaban que a edición oficial sería correcta no caso de existir outra suspensión ou cambio de data. Grazas aos artigos aportados por Hermitas García, hoxe podemos saber qué sucedeu neste ano 1987 do que, o que sabíamos, é que sí houbo actividades vinícolas en Quiroga.

Feira do Viño de Quiroga no ano 1987

Nestes novos artigos constátase que no ano 1987, non houbo Feira do Viño de Quiroga oficial.

Dous dos artigos facilitados están sen data, pero polas pesquisas de quirogaeunviño.gal corresponderían aos tres primeiros meses do ano 1987. Nesta nova información os xornais falan con un dos membros da comisión organizadora doutros anos que, no nome de todos, confirma que non haberá edición por decisión unánime tendo en conta o pouco tempo para organizar a Feira do Viño de Quiroga.

Esta falta de tempo para organizar, atribúese á falta de apoio económico da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Según as súas declaracións, estas subvencións aportábanse sempre a posteriori da celebración e o Concello tiña que adiantar cartos.

No ano 1986 a celebración da Feira do Viño ocasionou un déficit de 17.000 pesetas que adiantaron os membros da comisión organizadora. No momento de anunciar á prensa que non organizarán a VI edición, falan da necesidade de engadir unha partida específica no presuposto municipal ordinario que garantice a liquidez e así poder preparar as edicións con calidade e seguridade económica.

"Las subvenciones frecuentemente se retrasan incluso durante varios meses, por lo que resulta muy difícil la coordinación de los pagos. Los premios en metálico concedidos en alguna edición tuvieron que ser también adelantados por los miembros de la comisión. Por otra parte el Ayuntamiento también se quejó de que otros organismos como la Diputación y la Xunta de Galicia nunca hayan dado ninguna subvención. El año pasado el presupuesto fijado fue de medio millón de pesetas, pero la comisión solamente contó para los gastos que pagó directamente con trescientas treinta mil. Las ciento setenta mil restantes fueron abonadas por la alcaldía a la imprenta que elaboró los carteles anunciadores y por las comidas de los componentes de grupos musicales y el jurado.
Según José Morales, el apoyo necesario es también económico ya que las muestras de solidaridad que no pasan de las palabras no son suficientes, aunque sean de agradecer
". Hemeroteca 1987

Actividades vinícolas no San Martiño

Non había constancia dunha nova suspensión no 1987 porque neste ano, sí houbo actividades vinícolas na Praza Maior recuperando a data orixinal do San Martiño, aínda que non como Feira do Viño oficial.

Na información recollida de La Voz de Galicia do 30 de Outubro de 1987 confírmase unha cata de viño para o día 11 de Novembro e diferentes actividades "de aproximación" ao viño novo.

Estas actividades organízanse desde a concellería de Cultura do Concello de Quiroga, que ostentaba Pedro Zunzunegui, en colaboración con outros veciños que xa organizaran programas festivos de edicións pasadas.

Nos artigos tamén se confirma a data oficial da VI Edición da Feira do Viño de Quiroga, que finalmente tería lugar o sábado de Carnaval do ano 1988. O programa de dito ano xa está no poder desta plataforma e estará dispoñible o día 25 de marzo.

Como curiosidade destacamos que neste ano 1987, é cando se decide mover o emplazamento da feira á actual Rúa Real pola falta de espazo.